Oficinas:

Avda. A.Pardiñas, 137 - Entrechán 27880 - Burela -  Lugo
   

Sede Social:

Rúa Pardo Bazán, 6

27880 - Burela - Lugo
 

Teléfono:+34 982 586 232
Fax: +34 982 575 061



logotp.gif


XV
XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR  2008

IX
ENCONTRO EMPRESARIAL DE
ORGANIZACIÓNS PESQUEIRAS






XV XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR  2008



INTRODUCCIÓN

  • As XV Xornadas Técnicas Expomar 2008 terán lugar os días 8 e 9 de maio do presente ano, no Salón de Actos de ABSA, así como IX Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais de Armadores Expomar 2008 realizarase o día 9 de Maio, nas mesmas instalacións.
  • Aínda que tradicionalmente a celebración destas Xornadas corría paralela á feira Expomar, estas adquiriron personalidade propia e diferenciada dentro do programa do evento. Esto foi debido tanto á importancia dos relatores e dos temas que abordaron como ao interese suscitado no sector e na prensa especializada.

Cada ano propóñense os temas de maior actualidade e controversia, contando cos relatores con responsabilidade na toma de decisións, o que xeralmente posibilita a resolución de problemas do sector a raíz das reunións mantidas con motivo das Xornadas Técnicas Expomar.

  • O Encontro, que como as Xornadas, teñen periodicidade anual, nace no ano  2000 como actividade complementaria reunindo as entidades representativas da flota galega e as asociacións cúpulas nacionais, convertindose froito da trascendencia das decisións tomadas polos participantes,  nun encontro obrigado dos profesionais a nivel nacional.
  • Por elo, este ano, a pesares de non celebrarse a feira Expomar, as Xornadas Técnicas Expomar e o  Encontro Empresarial  Expomar 2008 adquiren un interese engadido, xa que estes dous eventos convertéronse co paso dos anos nunha cita obrigada para os empresarios do sector mariño, os traballadores, a Administración e a prensa especializada.