Oficinas:

Avda. A.Pardiñas, 137 - Entrechán 27880 - Burela -  Lugo
   

Sede Social:

Rúa Pardo Bazán, 6

27880 - Burela - Lugo
 

Teléfono:+34 982 586 232
Fax: +34 982 575 061



logotp.gif


XV
XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR  2008

IX
ENCONTRO EMPRESARIAL DE
ORGANIZACIÓNS PESQUEIRAS






XV XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR  2008



En Burela, a 9 de maio de 2008, reunidas as asociacións pesqueiras no marco de IX Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras celebrado co amparo da FUNDACION EXPOMAR paralelamente á celebración das XV Xornadas Técnicas EXPOMAR 2008, desexan manifestar o seguinte:

Ante a grave situación pola que está atravesando a totalidade do sector pesqueiro español, cun alza continuada dos prezos do combustible e do resto dos custos de explotación, á vez que observamos como o peixe que os nosos mariñeiros capturan non alcanza uns prezos que permitan o mantemento das condicións económicas do sector,

Ante o feito de que sobre o prezo dos combustibles non podemos intervir de forma directa, e que sobre o mercado dado as condicións actuais, dificilmente podemos facelo, ante a existencia dun mercado libre que permite o acceso de produto pesqueiro de todas as orixes,

PROPOÑEMOS como forma de buscar solución que permita a previvencia do sector pesqueiro, que se actúe sobre os MERCADOS e a COMERCIALIZACIÓN, cunha serie de medidas que creemos poderían servir, cales son:

Primeira.- A curto prazo, entendemos que se lle debe esixir ás distintas Administración o cumprimento íntegro de toda a normativa actualmente vixente dentro do marco da reforma da Política Común de Control así ,

  1. Sobre as importacións ilegais hai que implantar todas as medidas e controis necesarios para eliminar esta grave competencia para a flota, que ademáis actúa de forma irregular.
  2. Control da legalidade e do cumprimento de todos os requisitos esixidos ás importacións legais, que en moitas ocasións non sofren os controis equivalentes ao noso produto nacional, esixindo para elas polo menos, os mesmos prezos que regula a normativa comunitaria como prezo de retirada ou ata as propias normas de extencisón das OOPP, e de obrigado cumprimento para a flota comunitaria.
  3. Control intensivo sobre o cumprimento da normativa de etiquetaxe, en toda a cadea de distribución, con especial incidencia nas grandes superficies e o punto de venda final ao consumidor.

Segunda.- A medio prazo, entendemos que é necesario buscar unha armonización das normativas e esixencias que permitan competir en igualdade de  condicións o produto nacional co doutro país. En particular avogamos pola armonización de lexislacións, entre outras sobre tripulacións e titulacións, entre os Estados Membros da Unión Europea.

Por outra banda, entendemos e estamos dispostos a asumir unha REESTRUCTURACION DA FLOTA, facendo que unidades pesqueiras abandonen a actividade, para o que necesitamos e así pedimos ás Administracións a posta en marcha dos programas de paralización definitiva e a inxección de fondos para o desguace.

En todo caso, e dado que a situación é tan grave, necesítase para a supervivencia dos buques que non abandonen a actividade, sempre que a implantación das medidas sobre  o mercado nomeadas non sexa efectiva, por unha banda, o pago inmediato das axudas pendentes desde o ano 2005, e posteriormente, a aplicación de axudas de forma inmediata. Creemos que entre outras, sería preciso unha flexibiliación dos custos empresariais, acompañadas cunha modificación do sistema xeral de reducións da Seguridade Social atendendo á especificidade do sector pesqueiro, así como á utilización de parte das tarifas portuarias e a modificación do tipo do IVE aplicable ao peixe, en beneficio do sector pesqueiro. Igualmente é necesario solicitar as modificacións normativas suficientes para que se modifiquen os limites das axudas de minimis ata elevalos aos 100,00 € por buque, tal e como está regulado para o resto de sectores económicos da Unión Europea.